Polbo a grella


Xunto o Orzás hai unha tendabar co mesmo nome, onde se pode atopar casedetodo. A Xulia rondaba moitas veces por alí. A ela o que máis lle importaba era a forma en que a miraba a dona do Orzás. As outras apenas a tiñan en conta, pero a Remedios arrincáballe a alma cos ollos.

-Xulia vas querer un quinto?
-Hoxe non me apetece

Logo marchaba soa cara a casiña que tiña a dous quilómetros. Despaciño, arrastrando os pes, deixándose rabuñar polas silvas que atopaba no camiño.


-Tes a alguén?
-Ves a alguén?
-Non
-Pois entón!

Trinta minutos despois.

-Hai cho deixo
-Son corenta e cinco
-E logo?
-Subíu o IPC
-Veña Xulia

Marchou anoxado, maldicindo a tódalas putas, comenzando pola nai dela.

-(Mil douscentos vinte máis corenta e cinco)

Allea a ningún sentimento, recolleu os cartos e quentou o caldo. De súpeto entrou pola porta a Remedios.

-Corenta, non?
-Bueno, en realidade...
-Non son corenta?
-Pero

Antes de que poidera reaccionar, a Remedios comenzou a espila e a bicala por todas partes. Entereiña a lanzou sobre a cama e coa carraxe da vinganza achegouse a ela e... abofeteouna.

-Quérote

Pola mañá cedo, empaquetaron dúas mudas, pecharon os respectivos negocios e marcharon cara Celanova. Alí colleron o Anpián a Ourense. Algúns din que andan por Barcelona, outros que as viron en Alemaña. Dende entón os homes de Rabo de Galo, aproveitan máis a feira en Ourense, e é que ningún chega antes da noite. Tamén as mulleres de Cabeza de Vaca déronse de conta de canto as ían votar de menos.
-Remedios
-Que?
-Quero ter un fillo...