No río



Apenas contaba once anos, cando un verán máis, baixaba o río cos demáis nenos da aldea. A miña irmá pequena, e máis eu, iamos xuntas a todas partes, e ademáis tirábamos de Carlos. Carlos era o veciño do cuarto, que sempre estivo e estará namorado de Laura, pero a miña irmá preferirá experimentar con Fernando ou con Luís. E Carlos casará con María e terá tres fillos e fará unha casiña e perderá o tempo cos amigos falando de cando neno ía ao río Louro coa Laura e coa súa irmá Eva.

Eva son eu, e neses momentos, como dicía, baixaba ao Louro a chapuzar entre os tecedores. Os nenos da aldea veciña mirábanos ao principio con receo:

-(Estes de cidade que veñen a mollar o cú no noso)

Minutos despois xa andabamos a correr e a afundirnos na auga, uns cos outros. Nunha desas Xaquín, de catorce anos, comenzou a danzar comigo a rolos sobre a herba.

-Por qué levas a parte de arriba do biquini se non tes tetas?

Dicía mentres ría e eu me puña cada vez máis alporizada. E entón eu dáballe labazadas, mentres seguíamos un por riba doutro a xogar no chan.

-Vouche quitar o biquini

E eu agarraba dos meus insignificantes peitos, mentres corría detrás del para baterlle onde poidera.

-Vaia coa neniña

Pero de súpeto:

-Para!!

Separoume bruscamente cara un lado.

-Para, para!!
-(?)
-Xa non imos xogar máis...

Tiña a face rebirada. Por un momento deixou de mirarme, facíame sentir como se fose o diaño. Como se eu fora un perigo, os xogos rematarían por ese día e por ese verán.

Pero a mín gustárame. A nena que era, non podía sentir aquilo, pero gustáralle. E aínda sorrío, mentres penso na neniña sen peitos que fixo tremar ao adolescente con aromas de muller.

E é que sempre o fago (o de sorrir) cando sinto o pracer dos meus amantes, aínda que eles non saiban cómo facerme sentir.