Hoxe, imos acordar unha cousa

Imos falar, por falar. Imos chorar por todos eses escritores, aos que non lle gusta perder o tempo e por iso non o fan. Ese non me dan un premio, e entón non son ninguén. Porque ser ninguén é non ser alguén. E ser alguén supón un oco moi importante na historia: "Poidan que poñan o teu nome na wikipedia, meu rapás."
Imos tentar entender por qué queres ser soldador e non mestre, ou o revés, ou por qué che gusta sair ben nas fotos. Por qué os fins de semana gustas de gustar, e bebes a cidade enteira, para sorrir sen que che custe moito.
Por qué che gusta ter moitos amigos, pero non tes tempo para ningún. A cuestión é cómo che gusta: "Con xeo ou sen el."
Pero o que ía, hoxe imos acordar unha cousa: Hoxe vouno deixar, non por nada, é que teño máis cousas qué facer: Quero empreñar, visitar ao meu pai e aos seus novos compañeiros de tute, quero sacar a oposición, quero ir mercar o LCD ou como demo se escriba.
Por iso, si este fin de semana, queres facer algunha das cousas das que falei ou das que non o fixen, lembra: Eu tamén quero!!