Cartos, enrugas e nenas


Tres da mañá, na public house ou sexa no pub, estou aburrida. O meu redor grupos de nenos bebendo, algunha danzando sen compás e Laura mirando para Carlos. Anda alá, no lonxe, botando olladas de vez en cando para non perder as babas da súa fan. A mín apetéceme saltar un pouquiño pero o de bailar xa foi doutro tempo, ou de cando estou na miña casa e preciso de gritar.


-Santa Teresa cun xeo
-E tí?
-Nada

Universitarias (ou non, todos) préstanse ao xogo de deixarse coñecer polo que non apareceu, porque prefiriu quedar no Gacela ou porque tivo que voltar a casa para botar as tripas dos seus pais. No medio do xardín, un granxeiro-capataz.

-Víchelo!
-Alí (ó) esta. É esa...
-Esa é outra...Ten aire latino
-E el?? Jajajaja

As veces gustaría de ser home ou mellor, unha muller do século vintetrés ( é que hai cousas que lles fai falta o seu tempo). Cando non teño qué facer, que é a gran parte das noites, miro sen disimulo, coa copa na man e sen falar con ninguén. Ocupo o espazo suficiente para non caer e non espero que ninguén se achegue. Soamente boto unha ollada, igual que o fas ti.
-Vou ao baño
-Acompáñote?
-Non fai falla, ven Sonia comigo

Agora si que tou soa no medio deste zoo. Bueno, teño a copa comigo.

-(Aí o vai o elefante)

A moza é mona, e el mantense ben, non o nego.

-(Nin tola lle dou un bico)

Ir cear, bueno, incluso podo chegar a manter sexo, depende o qué... Pero...

-(Nin tola. A miña lingua, a súa...)

A vida lle regalou diñeiro (case nunca merecidamente), un sexo (home, concretamente), e a soberbia deste (máis alá de tradicións, de leis ou do que se che ocorra). Neniñas (ou nenos) ao seu redor, mentres gralla sobre (ou debaixo) delas (deles), e eu me pregunto...

-(Gustaría de grallar coma el?)
E é que un Loliño para mín non sería o mesmo... Vaia merda segue sendo as veces, ser muller... aínda que teñas cartos. Ou non?