Aos cegos, sorte!

Vintetrés de marzo, dousmildous:

-Son as oitotrinta, podemos comezar
-Non están nin Andrés ni Ramón
-Bueno, que se lle vai facer

A tensión máis que respirable, podíase tocar. Sandro chegou pouco despois e ao entrar rozou sen querer a chaqueta de Lois, o que respondeu cunha mirada desafiante.

-Veña, imos empezar
-Quedamos en que para a ampliación do parking, vanse expropiar os terreos de...

A Nela escoitaba, íanlle deixar sen a de Silvela, non era que foxe moi grande pero daba tan boas patacas...
-...hectáreas. En canto ao presuposto...
A Nela subiáselle a temperatura, a calor a percorría enteira, dende as dedas ata a cabeza, pasando polo estómago. Sentía náuseas...

-(Vou gomitar)

A cara de Nela tornábase de morado, e o Lois correu a por ela antes de que batese coa cabeza no chan.

-Imos sacala fora
-Nela, Nela
-Tou ben
-Tas mellor?
-Tou ben carallo, seguide co voso!!

Iso, seguide co voso...

Vinteoito de febreiro, dousmilsete:

-Son as oitotrinta

-Podemos?
-Podes

Fixeron un novo parque industrial, ou así o chaman, queda preto da estrada que vai cara Portugal, din que é un lugar estratéxico.

Hoxe:

-A Nela está preguntando por vostede.
-Que queres Nela?
-Coche non teño
-Que?
-Coche non teño, pero teño un negocio
-Como?
-Podo polo no parque ese?
-Nela
-Vasme pedir a subvención, vasme cubrir os papeis para facerme autónoma?
-Pero de que?

A Nela non valía nin media pataca de pequena que era, tiña a voz dun paxariño e camiñaba máis despaciño e abaxiada que un verme, un dicir...

-Vouche vender
-O que?
-Patacas!
-Ah! Bueno pero iso é moi complicado...
-Non será máis difícil que o que ti fas
-E que fago?
-Un garaxe onde non hai coches, un parque industrial onde non hai empresas...
*Imaxe de Colineta Cocina