Sexplícito

-( Son Lola e quería preguntarche algo.)
Fai uns días un troiano fodeume o ordenador. Ao tentar cazalo sen sorte, fun eu quen fodín a conexión a internet. Rabiosa, leveino a un chiringuito informático:
-Probablemente haberá que formatealo
-(Vaia novidade!) Si, e os meus arquivos?
-Se houbera algún problema chamámoste

Xa no meu piso lembreime:
-(A Bitácora!)

Mentiríache se dixera que foi por curiosidade:
-Lola, que fas? -a miña nai
-Voou, xa vou

Antes de "Fresa e Chocolate" (que nunca recomendarei) a miña voracidade polos cómics (para adultos) xa evolucionara:
-Lola, que fas? -Manoel
-Voou, xa vou

Tres días levoulle porse co meu:
-Traballo...

Ou iso me dixo:
-Reviseino todo
-(Merda) Canto é? -pregunteille sen miralo- Manoel valo levando mentres pago?

Ao chegar a casa clicko no accesodirecto e repaso o historial:
-(Limpo)
-Vai ben? -Manoel
-Parece que si
-Veña ven, que estás a facer? -Manoel
-Voou "o", "ou o"

Apago o ordenador e entro no meu cuarto. Manoel xa está na cama. Pero en fin, vou coa cuestión:
-(Qué pensarías de min si souberas que me excitan os tríos en viñetas?)
-Que fas? Métete na cama -mirando cara mín
-(Por certo, se tes algo de Azpiri en "Zona 84"...
Invítasme a cear? )
Saúdos perversos, meu ruliño

TERRA DA FRATERNIDADE: Homenaxe a Zeca Afonso (nota: comeza no minuto 28)

Loading...
E dixo:

-A unidade emotiva consíguese no conto pola ousesión do que ten de sobrevivir
-O remate ha de te-la virtú de faguer simultáneas no esprito as imaxes que foron sucesivas
-A presenza do remate debe estar atafegada, pero latexando con forte resonancia en tódolos currunchos do relato
-O remate é unha imaxe que fai estoupalo conto nas verbas derradeiras, despois de inzalo poderosamente
-O conto é unha pelica na que se sinte o pulso dunha imaxe contida
-O conto é o remuiño que fan arredor dunha lámpada moitas bolboretas, todas mergulladas na mesma luz

O Dieste

-Vai indo, non si?

A Nena