Por catro cadelas

-Condeado concelleiro!
-Engracia non é para tanto-replica o Ramón do café Caracas
-Que non!

Non me amoles que che arrinco as costelas. E a don Ignacio voulle dicir un par de cousas.

-Anda enfadada - o secretario
-Xa se lle pasará -Ignacio
-Dame a min que non, e ten o galiñeiro alborotado
-Non será para tanto
-O que che digo

Un millón de bombas non sustitúen a uxías ou riscos do séculoqueven pero mira que poño unha desas se me deixas sen a miña festa.

-Engracia, non é pra tanto -Manuela, a panadeira
-Que non!
-Ademáis veñen os Vetusta*
-Que te fodan! E a eles tamén!

No concello, as 11:30:

-Que fas aquí? -Ignacio
-Ben o sabes -Engracia
-Pois non
-Ignacio que nos coñecemos
-Tanta confianza non teremos
-Quitaches as "regueifas" do programa das festas
-Total sempre ían o teu irmán e o Arsenio
-Ignacio non me ofendas

A Engracia quéntase, non sabe se apretar a súa gorxa ou arrincarlle os ollos:

-Sabes que é o usufruto?
-De que me falas?
-Sabes ou non?
-Engracia
-Un supor, se tes unha maceira e o teu veciño ten dereito sobre as súas mazás, coidarala mellor que se non fose así, ou non?
-Non me líes
-Si ou non?
-O que ti queiras
-O noso é a maceira, Ignacio -suplicante- Se te desfás dunha parte dela, terás menos froita e corres o risco de danar a árbore
-Engracia, o presuposto non da
-Son catro cadelas!

A Engracia non entende que non o comprenda:

-Sentes nos na gorxa?
-Engracia
-Cando lembras a túa bisavoa, sentes un no que che anguria?
-!?
-Lembras as súas filloas ulindo na cociña, a espera de que chas ofrecese...
-Eu non coñecín a miña bisavoa
-E a tía Concha cantando na festa do San Pedro
-As miñas tías son a Lola e a Rosa, ben o sabes...
-Lembras as castañas no forno, as lagartasnopau*, as maldicións do Enrique...
-Engracia
-Por catro cadelas non me deixes o no na gorxa, por catro cadelas non me deixes a anguria no pescozo
*Grupo musical Vetusta Morla
*Carne de porco que cravaban nun pao e se lle daba aos nenos na matanza para que a asasen nas brasas de afumar os chourizos