A sopa estaba fría


En Cabeza de Vaca había unha parella que levaba 28 anos casados. Os que foran a súa voda lembran como rifaron na igrexa. Parece que o Gumersindo durmira coa roupa posta por si non lle daba tempo pola mañá, e a camisa parecía bañada en zume de tanto que sudara pola noite. A Manola, sen embargo parecía que lle pasara o ferro ata a mirada, de ben linda que ía.

Un ano antes de cumprir o seu 25 aniversario ao Gumersindo metéuselle na cabeza de que a Manola ía quedar viúva. Así que tomou algunhas decisións que sorprenderon un poucomoito a súa muller.

O primeiro que fixo foi mercar un nicho ao carón do que xa tiñan, despóis mercou roupa nova, como para casar (así de cara foi) e logo encargou unha comida no restaurante Fisterra, onde casaran. Estaban os fillos e os netos, os máis deles, porque algún non quixo ou non poido ir, entre eles (se supón que) non foi o seu neto Francisco, o pobre (quenpazdescanse) morrera fai cinco anos nun accidente.

A Manola, non dixo nada, aínda que si mercou un vestido moi bonito, para pór ese día.
No menú non faltaba nada, marisco, carne de tenreira da mellor, un bo bacallao, e "postres variados" (que viñeron sendo xelado de café e un boliño de crema).

A Manola andábase a cambiar e miraba cara o Gumersindo mentres puña un dos traxes que tiña para as festas. Foron todos cara o restaurante e sentaron.

En tódalas mesas, o marisco rifaba, no que a fartura se trataba, coas conversas pouco discretas dos seus descendentes. O Gumersindo botou un ollo a súa familia e comenzou a comer.

-Todo ao seu gusto señor?-achegouse o camareiro
-Perfecto-O Gumersindo respondeu
-Pero que fas?- a Manola
-A sopa estaba fría...- respondeu mentres relamía o prato, e pedía unha pouca máis

O Gumersindo estrenou o traxe o día do seu funeral e foi enterrado no nicho novo. A Manola deulle voltas a qué facer e o final decidiuse polo vello nicho e o traxe que puxo para a comida no Fisterra.