Duelo de copas

Entre as polas hai unha paxara que me ten engaiolado. Chámase Iria e non responde aos sms. O outro día a chamei para tomar un café e quedamos na Praza do Peta.
-Ei, levas moito esperando?
-Un pouco, pero como te coñezo, xa non apurei moito
-Jajaja, imos?
-A onde che apetece?
-Non sei, no Auriense o café... como que non.
-Podemos ir ao Marte
-Bueno

Tres horas máis tarde entramos por fin no Auriense.
-Ola Ramón
-Iria, canto tempo?
-Xa ves, preséntoche a Pedro

Démonos as mans, e mirámonos como dous cans. Iria creo que se deu conta.
-Queda se queres, imos a estar un pouquiño
-(Grrr)
-Vale, quedei máis tarde cun colega, co Manel
-E como estas? Fai tempo que non te vexo
-Ben, collimos o Embora, e ímolo arrenxar
-Ai si, pois sorte
-Tes que vir a inauguración
-(Grrr)
Eu pedín a terceira estrella, mentres miraba as rapazas que entraban no baño, a penúltima non estaba mal.
-En fin, voume
-Chao, xa nos veremos
-(Grrr)
-Iso espero. Encantado rapaz- dame unha palmadiña nas costas ao mesmo tempo que vira cara a porta.

-Queres outra cerveza?
-Non por qué non nos imos.
-(Vale)
-Son 12 euros
-E logo subiron as cervezas?
-6 birras, 12 euros
-(Vaia marchou sen pagar. Grrr)

A noite era agradable para pasear. De súpeto deixouse caer no chan e comezou a rir. Baixei e observeina. Foise achegando.
-Estás segura?

Seis meses despois estaba co Ramón de copas.
-Ola, acórdaste de Pedro?
-(?)
-No Auriense
-Ola
-Ola

Démonos as mans, e mirámonos como dous cans. Iria creo que se deu conta.
-Que tal Nela?
-(Grrr)
-Ben, case non a vexo, pero ben. Que tal o Embora?
-(Grrr) Vai ben, pásate un día, eu estou os venres e os domingos.
-Ok
-Bueno, encantado de verte, veros... Teño algo de presa, ata outra.

A noite era agradable para pasear e pensar na hendrik´s que deixara a deber.
-Ei, imos.
-Canto é?
-16 euros.

-(Xa ma cobraches, paspán)