Kyrie eleison

Christe eleison, Kyrie eleison, repite o señor do fondo mentres eu aguanto a merda de ter que estar en pe a estas horas da mañán. Non vai demasiado frío. Xa sei estamos en xuño... pero isto é Lugo e o polo sur non está tan lonxe.
-A señora Xosefa era unha muller moi distinguida
-(Ei?)
-Hoxe reunímonos para aliviar a dor da súa familia
-(Bueno)
-Aos noventa e tres anos Xosefa Caamaño nos deixou para estar co noso señor
-(Xa)
-Como dixen era unha persoa que sempre ía ben vestida e peiteada, moi elegante
-(Limpa si, na terra non se deixaba caer)
-Acompañamos no sentimento as súas fillas Carme e Ramona e a súa familia

A Carme ri cara mín, ao señor cura a súa nai lle puña o rosario do revés. Unha tarde cando ían cara a fonte e don Pedro viña de recoller unhas castañas na terra do Lisboao:

-Boas tardes Xosefa
-Boas tardes don Pedro
-Ola Carme, que... ides cara o lavadoiro?
-Si, vai frío pero hai que facelo
-Si- a nena Carme
-E non sería mellor ir un pouco máis tarde
-O pai di que vai chover
-Si-mirando ao ceo- pode ser

A Xosefa retomou o paseo e don Pedro, tentou falar un pouco máis

-Carme, que tal na escola?
-Ben
-Vai moi ben, o Xavier, dí que ten unha letra moi bonita
-Ai si, vasme ter que escribir o "diostesalvemaría"
-Hao de facer, xa llo direi ao mestre
-Non que veña o sábado pola tarde, que hei de estar na igrexa
-Bueno
-E veña vostede que hai que levar algo para coser
-Bueno
-Vostede faino tan ben
-Mellor a Rosa do Capador
-(Non ela non)

O sábado as cinco, chegou Xosefa xunto don Pedro.

-A nena está enferma, non puido vir pero ...
-Ves polo que hai para coser
-Si- sonrosada cara de fresón
-Están alí, podes ir a collelos

Ao entrar, a Xosefa tirou a estola e cando estaba a recollela sentíu as presas de don Pedro.

-Deixe que xa a collo eu, non se preocupe
-Non, non, son unha parva
-Non Xosefa, eu que son un desordenado


Vaia co señor cura, ule a home!!