Donuts e pecados

-Quédate, vamos a confesar
-Non
-Venga, va a estar bien. Ella lo va a hacer, total tienes que esperarla
-Non
-Mira lee primero este libro, ya verás que bien
-Non, outro día
Ule a pechado, pero tamén a doce e a extraño.
-Sería bueno y no te va a costar nada, vamos a empezar ya. No hace falta que leas nada pero vente.

Arrastrada, sen gañas.
-Avemaríapurísima
-Senpecadoconcebida
-Cuéntame
-Enfadeime co meu irmán e lle escondín o caderno de música
-Y qué más
-Contesteille a miña nai -obrígame a comer...-, non levei os deberes feitos e copieinos, cheguei tarde as clases de inglés...
-¿Y nada más?
-Non
-¿Seguro?
-Si, nada máis
Gustaríame ser unha terrorista e contarlle todas as miñas desfeitas. Todo menos este incómodo silencio.
-¿Te masturbas?
-Como?
-Si te masturbas
-E, que é iso?
-¿No sabes lo que es?
-(¿?) Non
-Si te tocas
-Como?
A Obra lle preocupa moito si a nena de doce anos sabe o que é disfrutar de si mesma, pois... experimentar cos donuts é pecado.
-Ola- o irmán
-Ola
-Que tal?
-Mellor dende onte
-E logo?
-Vaite confesar, xa verás o que aprendes...
*Edward Hopper. 'Rooms by the sea'