Dende Rabo de Galo: O home das presas


Estiven a pensar en que si quero ou non entrenarme como galega...Non é que sexan tempos novos, ou peores, en realidade voltaron os de sempre... De feito, a miña nai non está tan contenta como eu pensara (ao fin, o King era da terra), e a miña avoa, curiosamente está algo máis feliz... xa que este ano enfadouse co seu veciño e virou a dereita...

A aventura dos outros parece que deixou poso, aínda que algúns non o vaiamos a recoñecer. Se me ocorren dous motivos, aínda que poidan ser outros: A débeda histórica e a soberbia galega.

Do primeiro xa hai literatura dabondo (da mala e da boa). Do segundo, apetéceme escribir hoxe, mentres descanso. Aínda que antes, vou pedir perdón polo que poidera dicir a continuación.

As veces, só as veces, o galego emigra (de sobra o sabemos e o sabe omundocasequeenteiro), a galega, as máis das veces non. Cando está aló bota de menos acó, pero cando volta, o dalá é mellor,... como ten que ser. Non é distinto que para un ecuatoriano ou un extremeño. Sen embargo o que non saben os daló é que os galegos (e as galegas que quedaron empuxando dos bois) nin somos tan modestos nin tan traballadores. Iso si, o digo eu que estou a practicar de galega, pero a ti non se che ocorra soltarmo, que levas unha labazada na boca...

Entre Rabo de Galo e Cabeza de Vaca non hai fronteira, os marcos, incluso os que sinalan o límite cara o ceo, móvense ao capricho dos veciños. Veciños ademáis, hai poucos, isto permite discutir moito. Coñecémonos, ou non?

Pois ben, un veciño de Rabo de Galo, decidiu alugarlle un campo a un de Cabeza de Vaca, para mellorar a calidade de vida dos seus becerros, que aínda que poucos, son xeitosos, e véndense ben. Ademáis, así podería mostrarllos aos compradores fora dos cortellos.

O cortello quedaba no kilómetro cero, por así dicilo, entre as dúas aldeas. Así mentres este pertencía a Rabo de Galo, o campo que estaba pegado, xa era de Cabeza de Vaca. Comenzou o Amancio, entón, a tirar o valado para facer unha portiña.

-Ou Amancio, que fas?
-Pedínlle o campo ao Ramiro, para os becerros
-Moi ben pensado, e cantos tes agora?
-Cinco, pero aínda espero dous máis
-E o Ramiro, non che pedíu nada?
-Home si, alugueillo
-Vaia co Ramiro, por riba que non veu aquí para nada... Bo foi que veu ao enterro da sogra..
-Home...
-Debería darcho gratis, vasllo limpar...
-Mellor así, eu non lle quero deber nada a ninguén
-Pois non sei si a Carme, te ofrecería unha leira
-Pero ela as ten no alto, e quedaríame lonxe
-E por que non lle preguntas?
-Xa verei

Na feira en Xinzo ten moitos contactos aos que lles comentou que ía ampliar o negocio. Despois de encargar algo de pienso para os coellos voltou a casa e púxose a falar coa muller.
-Non sei ao mellor debería mercar a leira do Ramiro
-E logo?- responde Luísa
-Así fago nela o que queira, e non lle dou explicación a ninguén, ademáis estoulla a preparar e cando estea ben igual lle da por voltar e facer unha casa nela
-Ti crees?
-E logo, onde vou cos animais?
-??

Os compradores e miróns "quenonvancomprarnindecoña" están encantados coa idea.

-Ao carallo, marcho pra Tenerife!!
-Vaia
-A volta teremos o campo mercado
-Bueno

Os nenos do Amancio van a escola a Ourense, a muller ademáis de todo, atende a unha veciña que xa non lembra nin como se protesta...

-E o Amancio, cando colle as vacacións?
-Agora en agosto
-Virache para axudarche un pouco, debería quedar

Tres da tarde, partida no Couto.

-E como foi?
-Caín do andamio, dun cuarto piso
-Xesús, para morrer
-E quedouche unha paga?
-Algo quedou

Na nova leira do Amancio quedan os nenos e os becerros pacendo. A Luísa corre cara a casa da Carme, vai coidar a súa nai, mentres ela leva aos seus a baloncesto. A outra vella, xa morreu.

-Gracias, muller. E os teus como están?
-Ben
-E o Amancio, foi verdade o da perna?
-Si
-Vaia por deus, agora que podería axudarte un pouco

De novo, as tres da tarde, de novo a partida no Couto
-E ao final, que vas facer cos xatos?
-E logo?- pregunta o Amancio
-Se ti non podes...
-E logo non vou poder...

TERRA DA FRATERNIDADE: Homenaxe a Zeca Afonso (nota: comeza no minuto 28)

Loading...
E dixo:

-A unidade emotiva consíguese no conto pola ousesión do que ten de sobrevivir
-O remate ha de te-la virtú de faguer simultáneas no esprito as imaxes que foron sucesivas
-A presenza do remate debe estar atafegada, pero latexando con forte resonancia en tódolos currunchos do relato
-O remate é unha imaxe que fai estoupalo conto nas verbas derradeiras, despois de inzalo poderosamente
-O conto é unha pelica na que se sinte o pulso dunha imaxe contida
-O conto é o remuiño que fan arredor dunha lámpada moitas bolboretas, todas mergulladas na mesma luz

O Dieste

-Vai indo, non si?

A Nena