Mrs. Dalloway

Noite feminina. Media ducia de mulleres e non é broma, cada unha dun estilo, bueno mellor dito cada dúas. Pepa e Alicia queren festa de mulleres, claro como a elas é o que lles gusta. A Yolanda e a Carme vaille de todo. E a min e a Nerea impórtanos un carallo a noite dos chochos, con perdón. Pero despois da cea e un cubo de licor café entenderedes que a quen lle metamos a lingua importa menos.

Tres da mañá:

-Ven bailar
-Non me apetece, tou cansa
-Imos?
-A Pepa e a Yolanda, menuda chea
-Xa

Beber sen ter sede é peor que ter fame e non ter qué comer. Se dubidades, a experimentalo.

-Saimos
-(Non)-movendo a cabeza
-(Ven)-coa cabeza
-(Non)

O pulgar nos meus beizos,
-(Non)
a man na cintura,
-(Non)
o seu cabelo acariciando o meu pescozo,
-(Non)

Joer, xa está.

-Ímonos
-Se ti queres
-(Ímonos!!!)

Camiñemos despaciño: Eu atopei a miña serea, mercoume o sexo con licor café e é que...

... tiran máis dúas tetas que dúas carretas.



4 comentarios:

  1. Xa digo eu... se non queres un licor café, toma dous caldeiros!! Licor café elevado a tres por dous, ao cubo!!
    Sede e fame... de xusticia!!!

    ResponderEliminar
  2. Je,je... Pero sede e fame... de compaña!!!

    SPNB

    ResponderEliminar
  3. Eu de tí nos volvía nin a cheirar o licor café, non vaia ser que un día despertes cun falcatruán o teu carón.

    A próxima vez tomade algo más doce e con menos risgos, ¡Una boa crema de orujo!

    Unha perta

    ResponderEliminar
  4. Je,je... pero non é o mesmo... De vez en cando botarse sen rede pode ser divertido...

    SPNB

    ResponderEliminar

TERRA DA FRATERNIDADE: Homenaxe a Zeca Afonso (nota: comeza no minuto 28)

Loading...
E dixo:

-A unidade emotiva consíguese no conto pola ousesión do que ten de sobrevivir
-O remate ha de te-la virtú de faguer simultáneas no esprito as imaxes que foron sucesivas
-A presenza do remate debe estar atafegada, pero latexando con forte resonancia en tódolos currunchos do relato
-O remate é unha imaxe que fai estoupalo conto nas verbas derradeiras, despois de inzalo poderosamente
-O conto é unha pelica na que se sinte o pulso dunha imaxe contida
-O conto é o remuiño que fan arredor dunha lámpada moitas bolboretas, todas mergulladas na mesma luz

O Dieste

-Vai indo, non si?

A Nena