Sen bico

Día un:

-Déixame tocarche os peitos.
-Non.
-Un pouquiño.
-Non.
-Tocáchesme o cú!
-(Sorrisos) Que non.

Día dous:

-Penso naquel día.
-Que día?
-O día en que puxeches aquela camiseta.
-Xesús. Qué teima. Déixame.
-Cansas. Non.

Día tres:

-(Sorrisos) Vas parar, senón vas levar.
-Non. Eu tamén podo dicir non.
-Xa.
-Que sí.
-Mira que é perigoso.
-Xa verás como sei dicir non.
-Xa veremos.
-Seguro...

Ela fai un amago de bicalo.

-Ves, díxenche que sabía dicir non.

Tenta de novo. El aparta.

-Non.

Nese intre ela descobre que non é o mesmo follar que facer o amor.