Mala pasta

Coma furacáns chegaron do alén, coma o granizo, disparando.
Pero o peor era o que lle tocou en gracia. Sen esperalo. Dous chupiños e algunhas noites precederon as cancións. E cómo as puña... a todas elas. Xa sabía que se tirara a dúas coñecidas, unha boa amiga, ata que logo deixou de selo. Pero iso non a preocupou porque tampouco pensou nel ata aquela noite.
Uns días antes o Roberto tentara bicala e ela apartou os beizos coma se dunha mosca na sopa se tratara... Non pensendes mal, a pillou por sorpresa e foi so un reflexo...
Non o dixen pero os licores do bar do Roberto rulaban coma auga, e duas "a capela" duns amigos bastaron para que a Nela se excitara. Cómo andaba...
Esa noite, ámbolos dous aguantaron as gañas, so falaron, intercambiaron miradas e quedaron para un café. Ao día seguinte a tarde convertiuse en noite e, decidiu invitala a cear.

-Ya verás que ricos los espaguetis
-Non teño moita fame- e menos mal

Unha chea de vermes hipercocidos e por riba un zanco de polo, así, enteiro! O lugar en cuestión é un rinconciño no casco vello de Ourense, "feo coma el solo", coa cociña axfisiando aos comensais.

-Está bo?
-Buenísimos...!
-(Xesús, pero si parecen lampreas...)

Hora e media máis tarde estaban no seu pisiño, cuarto diría eu. Moi cuco, en todos os sentidos, en bonito e en pequeno. O máis curioso, o baño subido a dous escalóns, parecía enfrontarse á porta principal, a de entrada (ou saída, segundo se mire).

Música de Silvio.
-(Mira por onde, isto está ben)

Unha muller en tanga. Foto no salón.
-(Unha muller en tanga!!)
-Mi ex
-(Xesús)
-Méjico
A cama incrustada entre as dúas paredes, desfeita... de dubidosa apariencia.
E comezan as caricias, os bicos... O Silvio segue a fardar de comunismo... e de súpeto, un tremor inunda todo... Salta da cama, vístese...

E eu por riba do colchón, observando o seu medo,
medio espida... Ridícula.
Post: Galicia trema co segundo maior seísmo da sua historia, de 5 graos na escala Richter. Luns, 24 de abril de 2006 (EFE)
Post 2: Benvido!