Que cagada!

Onte quedei cunha rapaza que coñecín no concerto dos Planetas en Vigo. Fomos ao Crechas e logo ao Atlántico. Ela non paraba de falar (é desas). No primeiro café non a interrumpín, pero coa estrella* no puiden... Así que arrimei as barbas e ataqueina.
A historia ía ben, bueno, aos atrancos, xa sabes... podes, non podes, gusta, non gusta...Pero de súpeto, sae correndo:
-Poteouno todo! A cebada, a miña lingua...
-E a ver, ti que farías? O condón tíñao na carteira pero...
onde carallo meto o "licor del polo"? !!
*Cerveza Estrella Galicia

TERRA DA FRATERNIDADE: Homenaxe a Zeca Afonso (nota: comeza no minuto 28)

Loading...
E dixo:

-A unidade emotiva consíguese no conto pola ousesión do que ten de sobrevivir
-O remate ha de te-la virtú de faguer simultáneas no esprito as imaxes que foron sucesivas
-A presenza do remate debe estar atafegada, pero latexando con forte resonancia en tódolos currunchos do relato
-O remate é unha imaxe que fai estoupalo conto nas verbas derradeiras, despois de inzalo poderosamente
-O conto é unha pelica na que se sinte o pulso dunha imaxe contida
-O conto é o remuiño que fan arredor dunha lámpada moitas bolboretas, todas mergulladas na mesma luz

O Dieste

-Vai indo, non si?

A Nena